Como organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) é responsable de garantir a toda a sociedade unha alimentación segura, saudable e sostible, así como de actuar como centro de referencia de ámbito nacional na avaliación de riscos alimentarios e na súa xestión e comunicación, especialmente nas situacións de crises ou emerxencia.
Ademais a AESAN é a interlocutora coa EFSA e outros organismos internacionais e coordina os seus dous grandes laboratorios, tanto o Centro Nacional de Alimentación (CNA) como o Laboratorio de Biotoxinas Mariñas (LBM) que son laboratorios de referencia, o CNA a nivel nacional e o LBM a nivel europeo.